Skip to main content
A Pobra do BrollónAxenda Caducada

As Foliadas Guímaras chegan á parroquia de Saa, na Pobra do Brollón

Por 2 Febreiro, 2023Febreiro 3rd, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado, 11 de febreiro, terá lugar a actividade Foliadas Guímaras no local social da parroquia de Saa, na Pobra do Brollón.

A partir das 20.00 horas estará o grupo musical Bouba actuando no local social da parroquia cunha representación da tradición guímara, xa que esta actividade ten como obxectivo amosar aos distintos veciños das parroquias da Pobra do Brollón o pasado guímaro, que desde o Concello queren recuperar.

Na festa, ademais da actuación musical, haberá caldo, que traerá a Asociación de Veciños de Saa, xunto cunha barra na que os asistentes poderán consumir bebidas.

A intención do goberno local é organizar unha foliada guímara cada mes para dar saída tamén ao alumnado da Escola de Música e descentralizar a actividade cultural, que se centra na Pobra, para chegar a todas as parroquias do municipio.