Skip to main content
Axenda CaducadaMonforte

Unha exposición sobre o pintor Jesús Díaz Ferrer poderá visitarse en Monforte ata finais de febreiro

Por 6 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Monforte de Lemos acolle do 6 ao 27 de febreiro a exposición ‘Esencial’, unha mostra conmemorativa polo centenario do nacemento do pintor valdeorrés Jesús Díaz Ferrer.

A exposición, que estará dispoñible na sala de exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, aglutina a esencia de Díaz Ferrer cunha temática diversa que pasa por retratos, bodegóns, mitoloxía, paisaxe, costumismo, abstracción, surrealismo e que nos permite coñecer en profundidade un artista esencial da arte galega contemporánea.