Skip to main content
Axenda Caducada

O Concello de Monforte convoca un concurso de axudas para a confección de traxes medievais

Por 4 Febreiro, 2023Febreiro 5th, 2023Sin comentarios

O IX concurso de axudas para a confección de traxes medievais, dentro do programa da XIX Feira Medieval, desenvolverase ata o 16 de febreiro para “animar aos monfortinos a que participen activamente na Feira Medieval coa confección dos seus traxes medievais, para o cal poderán participar no concurso de axudas”.

O obxectivo deste concurso é aumentar a participación da veciñanza nos diferentes actos da XIX Feira Medieval.

Os veciños interesados en participar neste concurso de axudas para a confección de traxes medievais deberán chamar entre os días 2 e 16 de febreiro de 2023 ás emisoras Radio Principal Monforte Cadena Ser e Onda Cero Monforte, durante o espazo destinado á súa programación local de luns a venres e contestar a unha pregunta referida a Monforte formulada pola locutora e locutor.

O número máximo de persoas participantes será de 60 e non poderán participar aquelas que xa recibiran a axuda nos concursos de confección de traxes medievais dos últimos tres anos.

Resultados

As radios colaboradoras emitirán unha lista o 17 de febreiro das persoas que acertasen as preguntas co seu nome e teléfono de contacto. Estas persoas deberán pasar polo Concello entre o 21 de febreiro e o 1 de marzo para realizar unha solicitude formal no rexistro municipal, para que sexan subvencionadas cunha cantidade máxima de 50 euros por persoa.

Os beneficiarios da axuda terán que xustificar a súa participación na Feira Medieval durante os días 8 e 9 de abril presentándose co seu traxe na Oficina de información da Feira Medieval sita na praza de España.

Tras a celebración da Feira Medieval, os beneficiarios da subvención, entre o 10 e o 17 de abril, deberán presentar o seu nome no rexistro a factura do gasto da tenda onde realizou o seu traxe, polo importe concedido como mínimo, no que conste o pago e o concepto.

Unha vez comprobado que a factura reúne todos os requisitos legais e que os beneficiarios participaron na XIX Feira Medieval, o concello emitirá unha resolución recoñecendo a obriga a favor dos beneficiarios e procederá ao pago das axudas.

As tendas colaboradoras co Concello de Monforte no concurso de axudas para traxes medievais son: Texidos Phildar, Retales Merce, Coser Cosiendo, Nita Veiga, Teresa Lamela Costura e Gnomos.