Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

A CHMS comprometeuse a mellorar a navegación no río da Ribeira Sacra

Por 4 Febreiro, 2023Sin comentarios

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), mantivo un encontro de traballo coas Directoras de Turismo e de Patrimonio da Xunta de Galicia, para avanzar na procura de solucións que eviten a degradación da Ribeira Sacra.

“Neste momento existe un numero importante de infraestruturas sobre o río e un volume aínda maior de peticións que perturban a paisaxe natural orixinal”, explicou Quiroga.

O presidente da CHMS informou de que xa suspendeu temporalmente as autorizacións administrativas na Ribeira Sacra, na contorna dos río Miño e Sil, para poder estudar en profundidade a problemática e articular, entre as distintas administracións alternativas e solucións que permitan potenciar un turismo de calidade nunha zona singular de Galicia que conta co río como eixo principal”, explicou.

En concreto, desde a CHMS iniciouse o procedemento de contratación da redacción dun plan de ordenación da navegación e a atracada que “evite a deterioración do DPH e dos ecosistemas asociados e que cre un marco de desfrutar do río baixo un modelo de navegación non invasivo e sostible”, declarou.

“Esta planificación, que harmonizará o uso sostible do río en consonancia cos valores paisaxísticos e patrimoniais da Ribeira Sacra, resulta imprescindible no contexto de presentar de novo a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade”, concluíu o presidente.