Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Celebramos este martes o Día dos Medios en Galego

Por 5 Febreiro, 2023Febreiro 7th, 2023Sin comentarios

Cada 7 de febreiro Galicia celebra o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembra a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa lingua. Aló por 1876, Valentín Lamas Carvajal editaba en Ourense O Tío Marcos d’A Portela.

En 2023, somos máis de 130 medios o que utilizamos a nosa lingua como vehículo, como ferramenta, como obxectivo en si mesmo. 130 medios polos que en cada rolda de prensa, en cada boletín informativo, en cada noticia, reportaxe, entrevista, infografía… a lingua e a ollada galega están presentes. Nas ondas, na rede e no papel. 130 medios que dignificamos, facendo máis útil, a nosa lingua.

A día de hoxe, cento de cabeceiras conformamos a AMEGA. E para seguir movendo a nosa lingua, e catapultala entre a nosa mocidade, organizamos unha xornada festiva con dúas das referencias máis relevantes no panorama musical galego.

O xoves 9 de febreiro, a partir das 20:30h, e en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Santiago, organizamos na Sala Capitol un minifestival de música galega contemporánea cos concertos de Grande Amore e Ortiga.

O evento será de balde (cómpre sacar invitación en www.salacapitol.com e en www.ataquilla.com a partir deste xoves 2 de febreiro ás 12:00h) ata c ompletar aforo.

Previamente, celebraremos o Día dos Medios en Galego o propio 7 de febreiro, cunha rolda de prensa de presentación no Pazo de San Roque, na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ás 11:00h, coa presencia de Valentín García (SXPL), Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural de Santiago, e o artista Ortiga.