Skip to main content
Axenda CaducadaBóveda

O Concello de Bóveda organiza o Entroido para o vindeiro 18 de febreiro

Por 6 Febreiro, 2023Sin comentarios

A Festa de Entroido celebrara no Concello de Bóveda o vindeiro 18 de febreiro a partir das 14.00 horas no Centro Sociocultural, que contará cunha carpa calefactada e cocido como menú.

As entradas xa se poden retirar en establecementos de Bóveda e Rubián, cuxo prezo é de 10 euros, agás para os nenos ata os 6 anos, que poden ir de balde e dos 6 aos 15 anos, terán que pagar 5 euros.

Ademais do cocido e a festa de disfraces, a festa estará amenizada con música e inchables.