Skip to main content
Bóveda

O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda organiza unhas xornadas de portas abertas

Por 26 Febreiro, 2023Marzo 3rd, 2023Sin comentarios

O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda organiza este martes, 7 de marzo, unha xornadas de portas abertas para que os pais interesados poidan coñecer a escola e así poidan apuntar aos seus fillos ata o 20 de marzo.

Este colexio ofrece aulas multinivel, un ordenador por alumno na primaria, seccións bilingües en inglés, servizo de transporte escolar, Plambe, programa de alimentación saudable, servizo de comedor e servizo de madrugadores.

Ademais, as instalacións son amplas e están recén remodeladas, teñen control térmico e de calidade de aire, tamén teñen a disposición un programa edixgal, con libros electrónicos para o alumnado de 5º e 6º de primaria, e ofrecen actividades extraescolares nunha pista multideporte.

O horario das aulas é de 10.00 horas a 14.30 horas e de 16.00 horas a 16.30 horas, puidendo quedarse no comedor.

Para máis información, pódese chamar ao número 982 870 095.