
O programa ‘Hola Pueblo’, no que colabora o Grupo de Desenvolvemento Rural da Ribeira Sacra – Courel, trouxo a Bóveda a unha familia de tres membros que van poñer en marcha unha proposta apícola.
O Concello de Bóveda participa en ‘Hola pueblo’ por segundo ano consecutivo, cuxo obxectivo é facilitar a creación de empresas e a instalación de novos veciños e veciñas en áreas rurais.
O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, deulles a benvida ao noso Concello e acompañounos ata o rexistro para que puideran formalizar o seu empadronamento.