Skip to main content
ChantadaDeportes RIBEIRASACRAXA

O Club de Baloncesto de Chantada donará a recadación do partido do sábado á asociación Chantada contra o Cancro

Por 10 Febreiro, 2023Sin comentarios

Este sábado o Club de Baloncesto de Chantada organiza un partido solidario con motivo do Día Mundial Contra o Cancro.

Así, a recadación do partido a través da compra das entradas e das rifas do sorteo irá integramente destinadas a Chantada contra o Cancro.

Ademais, o patrocinador principal do equipo de baloncesto de Chantada, Ucoga, únese á iniciativa e doará o dobre da cantidade de puntos anotados polo equipo chantadino á mesma asociación.

Neste evento competirán os equipos de baloncesto de Chantada e Ávila ás 18.30 horas no pavillón municipal do concello.