
O Festival de Outono que se festexa en Chantada, O Castañazo Rock, xa ten datas de celebración confirmadas.
Serán os días 27 e 28 de outubro cando terá lugar este evento esperado por todos os veciños e veciñas do municipio, así como por todas as persoas interesadas nun festival de rock único.
O festival, que se celebrará no mercado gandeiro, aínda non ten artistas confirmados, pero irán desvelando nomes canto máis se achegue a data.
Ademais, hai que recordar que este ano é o seu 30 aniversario.