Skip to main content
Chantada

A XL Feira do Viño comezará o 10 de marzo e acollerá tamén a Feira de Oportunidades

Por 25 Febreiro, 2023Marzo 7th, 2023Sin comentarios

O cartel e programa da XL Feira do Viño de Chantada, que se celebrará o 10, 11 e 12 de marzo, foron presentados por Manuel Diéguez, concelleiro de Cultura do Concello de Chantada no restaurante Os Pendellos.

Alí, tamén estiveron alguns dos adegueiros participantes, Néstor Quiroga, presidente da Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra, os medios de comunicación e o técnico de Cultura, Ramón Caamaño.

O cartel está feito polo veciño Alejandro García, ciruxán e ilustrador, e o programa continuará a liña das edicións anteriores, que contará con agrupacións e empresas colaboradoras locais, actuacións na rúa a pé da carpa, actividades gratuítas para as nenas e nenos, o túnel do viño, a cata popular e o peche de stands a horas concretas cada día.

En concreto, o venres, 10 de marzo, os stands das adegas pecharán ás 2.30 horas, o sábado, 11 de marzo, ás 3.30 horas e o domingo ás 00:30 horas.

Con respecto ao túnel do viño, este terá un custo de 10 euros e celebrarase no Auditorio Municipal. A cata popular seguirarse realizando na carpa principal e terá un custo de 5 euros.

O pregoeiro deste ano é Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

XIV Feira de Oportunidades e XIII Mostra de Produtos e Artesanía

Nos mesmos días que se celebra a XL Feira do Viño de Chantada tamén se desenvolverán a A XIV edición da Feira de Oportunidades e a XIII edición da Mostra de Produtos e Artesanía organizadas pola Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra.

Este ano participan un total de 15 adegas, unha máis ca o ano pasado: Os Cipreses. Enonatur Adegas e Viñedos Lareu Adegas Amedo, Adega Castrofiz, Adegas Condado de Sequeiras, Albarduxe, Vía Romana Adegas e Viñedos, Adega Cabo do Mundo, Pilares De Belesar, Instinto Romano, Adega Diego de Lemos, Bodega Pincelo, Adega Calexotes, Adega e Santa María de Nogueira.