Skip to main content
Monforte

Gloria Prada acudiu ao Acto de Estado polo Día en Memoria do Holocausto en representación de José Tomé

Por 1 Febreiro, 2023Febreiro 2nd, 2023Sin comentarios

O pasado venres celebrouse o Día Oficial en Memoria do Holocausto, como cada 27 de xaneiro, un día no que a UNESCO rende tributo á memoria das vítimas do Holocausto e ratifica o seu compromiso de loitar contra o antisemitismo, o racismo e calquera outra forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos.

Un dos actos institucionais mais relevantes é o Acto de Estado organizado polo Senado no Antigo Salón de Plenos ao que se suma todos os anos a Rede de Xuderías. Por isto, acudiu cunha representación de diversas cidades que forman parte da rede, encabezada por Gloria Prada en representación do alcalde de Monforte de Lemos e presidente da Rede de Xuderías, José Tomé.

A homenaxe desenvolveuse cunha programación de actos tras o encendido de velas e a interpretación de varias pezas musicais a violín por Rocío García. Despois, gardouse un minuto de silencio para logo proceder ao recitado da pregaria polas vítimas do Holocausto Male Rajaminh, a cargo do Rabino Moshé Bendahan.

Ademais, tamén participou na homenaxe o relator Jaime Moreno, director xeral do centro Sefarad-Israel, e Irene Shashar, que co seu testemuño como supervivente do holocausto conseguiu emocionar a gran parte dos participantes presentes no Senado.

Á finalización dos actos celebrados dentro da homenaxe que tivo lugar no Senado, Gloria Prada confesou sentirse orgullosa e emocionada pola intervención de todos os oradores, pero destacou especialmente o relato en primeira persoa de Irene Shashar.

Tamén manifestou a súa satisfacción por ter a oportunidade de acudir a estas homenaxes representando a José Tomé.