Skip to main content
Monforte

O Concello de Monforte mellorará a iluminación do campo de fútbol da Pinguela de Monforte

Por 10 Febreiro, 2023Febreiro 15th, 2023Sin comentarios

O campo municipal da Pinguela e as Pistas de Atletismo Saleta Fernández López van ser melloradas en canto a súa iluminación, como vén de anunciar o goberno local de Monforte.

Desde o Concello de Monforte defenden que con esta actuación mellórase o nivel de iluminación do terreo de xogo e das pistas de atletismo coa instalación de oito novos proxectores led de 1000 vatios cada un, 2 en cada torre de iluminación.

O número total de focos pasa de 16 a 24, conseguindo deste xeito pasar dun nivel de iluminación de 150 a 250 lux, case o dobre do que había antes desta intervención, o que equivale a un nivel II de iluminación segundo os criterios da norma UNE 12193-2020 de iluminación de instalacións deportivas.

Ademais, a grada de público, que ata o de agora non tiña iluminación exterior, pasa a estar dotada con 32 pantallas led de 30 vatios cada unha, que garanten un máis que adecuado nivel de luminosidade. A empresa encargada de realizar a obra foi CYME Santos Héctor S.L. con un investimento total de 45.275,01 euros.

O alcalde considera “prioritarios todos estes investimentos tanto en infraestruturas como en mellora dos servizos que contribúen a aumentar a calidade de vida dos veciños ao tempo que axudan ó coidado e respecto polo medio ambiente e supoñen un gran aforro enerxético para as arcas municipais”.

Jose Tomé afirma que “con todas as melloras feitas e as que están a punto de comezar, dotamos a Monforte dunhas instalacións deportivas o nivel que merece a nosa cidade e proporcionamos a todos os amantes do deporte unhas infraestruturas seguras, eficientes e en condicións óptimas de utilización”.