Skip to main content
Monforte

A manifestación a favor da sanidade pública foi un éxito en Monforte e a Pladesapu anima a participar na de Santiago

Por 11 Febreiro, 2023Febreiro 15th, 2023Sin comentarios

A Plataforma de Defensa da Sanidade Pública de Monforte convocou para o pasado luns unha manifestación para defender a mellora da sanidade pública, na que participaron centos de persoas, como presumen nas súas redes sociais.

“Grazas por estar onte as 20h na praza de España con todos nós desafiando as temperaturas e facendo malabares coas vidas familiares, e por demostrarnos que esta loita ten sentido, porque aínda que sexa complicado, temos moitísima xente detrás empurrándonos e dándonos folgos para seguir ata o final”.

Defende que a plataforma non o é de sanitarios, “aínda que moitos de nós estemos vinculados a sanidade”, senon que “é unha plataforma de cidadáns e para os cidadáns”. 

Din que este foi un evento “sen precedentes nos últimos tempos, só comparable a aquelas manifestacións de anos atrás, que nos fixeron ser exemplo de loita para moitos”. 

Así, convocan aos cidadáns a que acodan a unha manifestación en defensa da sanidade pública o domingo día 12 en Santiago.

Para iso, están habilitados uns autobuses que levarán aos participantes ata Santiago, cuxas saídas serán desde Monforte ás 09.30 horas no Parque dos Conde, desde Chantada ás 10.00 horas no cemiterio e desde O Saviñao ás 09.45 horas no Círculo.