Skip to main content
Monforte

O Concello de Monforte corta o tráfico na rúa Ramón del Valle Inclán polas obras no paso a nivel

Por 16 Febreiro, 2023Febreiro 17th, 2023Sin comentarios

Durante o día de hoxe e o venres estará cortado o tráfico na rúa Ramón del Valle Inclán por motivo da execución de traballos de mantemento do paso a nivel da rúa Ramón del Valle Inclán á altura das rúas Arosa e Chamoso Lamas, que serán levadas a cabo por ADIF.

O paso a nivel permanecerá pechado ao tráfico de vehículos ás 22.00 horas do xoves 16 de febreiro e ás 22.00 horas do venres día 17 de febreiro. Non obstante, se as obras son rematadas antes desta hora, procederase á reapertura de forma adiantada.

O tráfico na rúa Ramón del Valle Inclán cortarase no inicio, na Florida, permitindo unicamente o paso de vehículos de residentes ata o paso a nivel en obras e á rúa Arosa.

En sentido entrada, cortarase á altura da rúa Chamoso Lamas, desviándose por esta con dirección a Rioseco a circulación de turismos e vehículos lixeiros, mentres que para os camións e tráfico pesado en xeral, o corte farase na glorieta da estrada LU-933 existente a altura da entrada da antiga planta de butano e o itinerario a seguir será pola nova vía de acceso o Porto Seco e, desde este, pola rúa Juan Montes ata a rúa Morín.