Skip to main content
Monforte

O PP de Monforte denuncia o estado dunha rúa no barrio do Casar

Por 24 Febreiro, 2023Sin comentarios

A portavoz popular de Monforte, Katy Varela, denuncia o estado dunha rúa no barrio do Casar, “onde as infraestruturas presentan graves deficiencias que fan a vida moi incómoda aos veciños”, explica.

Así, anuncia a presentación dunha nova iniciativa no pleno para que o Concello acometa as melloras que demandan os residentes neste barrio.

Segundo Katy Varela, os veciños do Casar expresaron “a súa preocupación e enfado pola situación en que se atopa este barrio” e a portavoz di que “o Casar é un barrio que sofre constantemente roturas das tubaxes da auga, e o firme das súas rúas está cheo de fochancas; están, intransitables, tanto para vehículos como para peóns”.

Os populares destacan que nesta zona de Monforte residen moitas persoas de idade avanzada ás que resulta difícil camiñar por rúas en tan mal estado.

Katy Varela lembra que “o PP levou ao pleno o pasado verán unha iniciativa para demandar unha rehabilitación integral do barrio, non só das rúas” e denuncia que “hai algunhas árbores que poden caer”.