Skip to main content
Monforte

José Tomé presentou o Proxecto Construtivo de melloras na rede de saneamento do municipio

Por 26 Febreiro, 2023Febreiro 27th, 2023Sin comentarios

O alcalde de Monforte presentou o ‘Proxecto Construtivo de melloras na rede de saneamento’, que contará cunha inversión de máis de 2 millóns de euros.

Tal e como afirmou José Tomé, “a inversión xa fala por si soa, dá importancia do proxecto das obras que se van a realizar”. E explicou que “con estes traballos vanse a subsanar as infiltracións que sobrecargan a rede e os alivios de augas residuais”.

Ademais, argumentou que se aborda na mesma actuación a mellora da rede de saneamento de varias rúas, por estar en mal estado na maioría dos tramos, causando un funcionamento deficiente.

O rexedor anunciou a súa intención de aprobar no Pleno do Concello do luns día 27, o Proxecto Construtivo para que se liciten as obras que está previsto que comecen na segunda metade do presente ano, xa que tal e como explicou, “hoxe acabamos os trámites administrativos e estudos técnicos e pasamos á fase das obras físicas”.

Antecedentes

Con data de 29 de xuño de 2020, aprobárase un convenio entre a CHMS e o Concello de Monforte de Lemos, para financiar a redacción dun estudo de alternativas para a mellora integral do saneamento e depuración da rede de Monforte e tamén para financiar a II Fase das obras de mellora de saneamento urbano. O importe total do convenio era de 2.400.000 euros, aportando a Confederación Hidrográfica Miño-Sil o 80% e o Concello o 20%.

Desta cantidade, 400.000 euros estaban destinados a facer un estudo integral da rede de saneamento, e que xa está rematado polo Ministerio de Transición Ecolóxica. Precisamente, froito dos resultados dese estudo, surxe o Proxecto que a Alcalde presentou no día de hoxe.

Os estudos que se fixeran en varias ocasións da rede de saneamento da cidade xa sinalaban deficiencias de gran importancia na rede. Unha vez analizados os problemas, plantéxase a necesidade de facer un proxecto para definir e valorar as obras necesarias de actuación na Fase II da mellora de saneamento de Monforte que corrixan os problemas detectados na rede de subministro.

Plan de actuación

  1. Reparación do colector de Malloadas.
  2. Limpeza e reparación do interceptor na zona dos Escolapios.
  3. Mellora das condicións de desaugue da zona do Parque dos Condes coa execución parcial das actuacións previstas: execución dun pozo arenero e conexión da rúa.
  4. Melloras na rúa Doutor Casares, Rosalía de Castro e Concepción Arenal.
  5. Reparación de pozos na prolongación da rúa Juan Montes.

Todas estas actuacións teñen como obxectivo principal, por un lado, a redución de augas brancas que se incorporan á rede de forma irregular por deficiencias construtivas e do estado de conservación dos pozos e dos colectores e por outro, levar a cabo reparacións estruturais da rede nas rúas mencionadas que precisan dunha intervención mais urxente.

As actuacións supoñen un orzamento de licitación de 2.003.073,88 euros e estarán cofinanciados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que aportará o 80% da inversión, é decir, 1.602.459,10 e polo Concello con unha porcentaxe do 20%, que supón a cantidade de 400.614,78 euros.

Tomé está orgulloso da xestión e convencido das melloras que aportarán estes proxectos tanto a nivel medioambiental como na calidade da vida dos monfortinos. Así, asegurou que Eé a primeira vez na historia da cidade, que se acomete un plan de acción desta envergadura e importanciaE, e amosouse “tremendamente satisfeito de poder aportar as solucións aos problemas de subministro que tantas veces reclamou cando aínda non estaba no goberno”.