Skip to main content
Monforte

O grupo Música Miúda actuará para os nenos de Monforte na Librería Agrasar

Por 28 Febreiro, 2023Sin comentarios

Este sábado, 4 de marzo, a Librería Agrasar de Monforte acolle a actuación do grupo de Música Miúda, unha banda de música infantil e contacontos en galego formada por Irene Quinteiro, Miguel Alonso e Óscar Martínez e na que tamén colabora Manu Pazos.

A actividade, dedicada a pequenos maiores de tres anos, é unha actividade de balde con aforo limitado que necesita reserva previa e que comezará ás 12.00 horas.

Ademais da actuación para os nenos, presentarán o seu primeiro libro-disco editado por Editorial Galaxia ‘Cambia o conto’.

Durante a súa escenificación, buscarán a interacción co público miúdo con moita festa nunha combinación de contos e cancións de creación propia, con especial fincapé na diversidade e a integración, e cunha perspectiva de xénero e de fomento da nosa lingua.

Para participar desta actividade, pódese chamar ao número 982 40 45 42, ou ao whatsapp 698 19 06 76.