Skip to main content
Pantón

Pantón celebrará a súa festa de Entroido o 25 de febreiro

Por 24 Febreiro, 2023Sin comentarios

Pantón celebra o Entroido o vindeiro 25 de febreiro cun desfile e concurso de disfraces que comezará cunha concentración dos participantes no CEIP Monte Baliño ás 15.30 horas para despois saír cara á praza do concello nun percorrido no que haberá animación musical e ao remate deste desfile haberá chocolate e baile na praza.

Este desfile será acompañado coa música do grupo Charanga Leña Verde.

Categorías do desfile

Haberá tres categorías infantís e tres de adultos segundo se presenten en grupos de 10 ou máis compoñentes, grupos de entre 5 e 9 compoñentes e grupos de entre 1 e 4 compoñentes.

Pola súa parte, o xurado estará composto por un representante de cada comparsa (que non desfilará) e unha persoa allea ás mesmas que exercerá o voto de calidade en caso de empate. Premiarase a orixinalidade, a calidade e a simpatía dos disfraces.

Os gañadores do concurso daranse a coñecer nas redes sociais e medios de comunicación do concello.