Skip to main content
Quiroga

O adegueiro de EDV 2015 será o encargado da parte vitivinícola da Feira do Viño de Quiroga

Por 4 Febreiro, 2023Febreiro 5th, 2023Sin comentarios

Pablo González, adegueiro de EDV 2015, é o encargado da parte vitivinícola da XLI Feira do Viño de Quiroga que se celebrará o 8 e 9 de abril e na que participarán as adegas industriais, que tomaron o relevo dos adegueiros tradicionais que imperaron ata a pasada edición.

Pablo González está en contacto coas adegas que poden participar, as da subzona Quiroga-Bibei e aquelas que están fóra desta subzona pero que, dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, traballen con uvas producidas en Quiroga.

O adegueiro cualifica esta colleita como excelente polo que os viños que acudan a este certame tamén o serán e matiza que os requisitos que se esixían antes para formar parte do elenco de viticultores en canto á cantidade e á calidade dos caldos, por tratarse agora de adegas profesionais e baixo o amparo da D. O Ribeira Sacra, “xa están máis que superados”.