Skip to main content
Quiroga

Quiroga ofrece cursos de preparación para as probas libres de Graduado en ESO

Por 14 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Quiroga ofrece ás persoas interesadas a posibilidade de participar nos cursos que desenvolve para a preparación das Probas Libres de Graduado en ESO.

Os prazos de matrícula para a convocatoria de maio son do 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos; e para a convocatoria de setembro do 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 19 de maio e 1 de setembro de 2023 para as respectivas convocatorias. As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Para poder participar nestas probas hai que ter feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba, non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria; nin estar matriculados no curso 2022/23 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, nin nas de formación profesional básica.

A Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades vén de publicar no DOG a resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.