
O BNG de Quiroga denuncia o estado do Camiño do Regueiral no final de Pacios en dirección A Ermida.
Desde o grupo nacionalista denuncian que levan avisando ao Concello de Quiroga desde hai días de que existe este derrube no camiño que dificulta e pon en perigo a circulación de vehículos.
Porén, aínda non recibiron resposta e pídenlle ao alcalde que atenda aos veciños do rural todos os días do ano.