Skip to main content
Ribas de Sil

O PP de Ribas de Sil presentou ao seu candidato á alcaldía, José Rodríguez Fernández

Por 4 Febreiro, 2023Sin comentarios

Ribas de Sil xa conta co candidato popular ás eleccións de maio con José Rodríguez Fernández, que vén de ser nomeado presidente da xestora do PP de Ribas de Sil tras o anuncio do antigo voceiro municipal, Isaac Lamas, de dar un paso atrás.

Rodríguez foi presentado como o candidato dos populares para recuperar a alcaldía do municipio, onde simpatizantes e afiliados do partido amosaron o seu apoio ao novo representante popular.

Na presentación participaron tamén membros da dirección provincial: o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, o secretario xeral Javier Vázquez Nodal, e o secretario de organización do partido en Lugo, Javier Vázquez Prado, así como alcaldes próximos á zona.

O candidato asegura que o seu obxectivo é “recuperar o esplendor de Ribas de Sil e para iso veño con moita ilusión e ganas de traballar por e para os veciños do municipio”. “Quero facer algo por mellorar o meu pobo, que non siga indo a peor”, defendeu.