Skip to main content
O Saviñao

O Entroido do Saviñao contará cunha pancetada e chocolate con churros

Por 13 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello do Saviñao celebra o seu Entroido o vindeiro 21 de febreiro cun desfile polas principais rúas da cidade.

A concentración dos grupos a desfilar será ás 16.30 horas no mercado gandeiro e comezarán a súa andaina ás 17.00 horas percorrendo todo o Saviñao.

As comparsas e persoas individuais, que terán que inscribirse obrigatoriamente ata o 20 de febreiro, poderán realizar un baile ou animación rotonda da Praza de España.

O evento contará coa colaboración musical da Charanga KM Cero e o Trío Manhattan.

Por último, os asistentes poderán desfrutar dunha pancetada e dun chocolate con churros.