Skip to main content
Taboada

A Deputación de Lugo entregou os premios aos mellores expositores na Festa do Caldo dos Ósos de Taboada

Por 20 Febreiro, 2023Febreiro 21st, 2023Sin comentarios

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, participou este domingo na Festa do Caldo de Ósos de Taboada, que enxalza este prato típico das matanzas na zona.

O zanfonista Francisco Xabier Almuíña foi o pregoeiro desta edición, na que, ademais de degustar a receita tradicional nos establecementos hosteleiros, as persoas asistentes puideron mercar produtos da zona e de tempada nos postos instalados na carpa da praza de Riazón e seguir unha demostración de cociña en vivo a cargo do cociñeiro Álvaro Villasante.

Supermercado Vilosa, Galletas Xiana e Panadería Darío foron premiados pola decoración dos expositores.