Skip to main content
Taboada

O BNG de Taboada defende que o municipio “precisa ter un parque empresarial activo economicamente”

Por 20 Febreiro, 2023Sin comentarios

O BNG de Taboada esixe que se melloren as condicións económicas da oferta das parcelas de Taboada que ofrece o Instituto Galego de Vivenda e Solo e XESTUR, que continúan ofertando solo empresarial nos diferentes parques e polígonos empresariais da provincia de Lugo.

Desde o partido nacionalista defenden que o municipio “precisa ter un parque empresarial realmente activo economicamente, e para iso é necesario que o solo teña un prezo competitivo (non a 33 €/m²)”.

Ademais, subliñan que ademais disto, o parque empresarial necesitaría “subministro de auga sen fugas, subministro eléctrico rematado e con potencia suficiente, e obras de urbanización completas”.

Así, din, que seguirán demandando o remate do parque empresarial e a súa plena ocupación.