Skip to main content
Sarria

O grupo nacionalista critica a xestión cultural do concello de Sarria

Por 4 Febreiro, 2023Febreiro 5th, 2023Sin comentarios

O BNG de Sarria critica a xestión cultural do goberno local do municipio no contexto do Entroido, que compara en contraposición coa xestión que facía Mónica López como concelleira de Cultura.

“A xestión cultural é moi inferior, non hai información do que se vai facer”, argumentan, e apuntan a que “se fose pola xestión do goberno local non habería Esmorga Fest”, o que din “provocaría dor na veciñanza”, xa que “todos sentimos como noso ese festival”, defende Efrén Castro.

Ademais, explica que desde as diferentes asociacións de Sarria, como a Asociación da Rúa da Música e a de Meigas e Trasgos Nos, amosan o seu descontento coa administración local e defenden que “en vez de aproveitarse desa puxanza dos cidadáns, a o concello non está á altura”.

“Hai propostas afianzadas e só hai que dar apoio para facilitar que teñan éxito, pero queren ir con ideas propias e apartar as iniciativas do pobo, o que provoca o desánimo e desapego da política cultural sarriá”, establece.

Así, di que “hai que apoiar económicamente e promocionar os eventos, proporcionar espazos, e que o apoio sexa obxectivo, por exemplo, dar axudas a asociacións mediante concurrencia competitiva”.