Skip to main content
O Incio

A Charanga Ardores amenizará a festa do Entroido do Incio

Por 2 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello do Incio celebra o Entroido o vindeiro 18 de febreiro, no que haberá un baile de disfraces na Praza de España a partir das 18.00 horas.

Este baile estará amenizado polo grupo musical da Charanga Ardores e haberá chocolate e doces de Entroido para os asistentes.

A partir das 22.00 horas está organizada unha cea con baile na sala multiusosos do concello organizada polo Festival Terra Brava.

Para asistir a esta festa nocturna, poderase conseguir as entradas na librería Garabato. Os nenos e nenas de menos de 11 anos poderán asistir de balde.