Skip to main content
O Incio

O PSOE do Incio abstívose na votación dos orzamentos municipais de 2023, que quedaron aprobados

Por 16 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello do Incio celebrou un pleno extraordinario no que, entre outros asuntos, se aprobaron as contas municipais para o ano 2023.

O Grupo Municipal Socialista abstívose nesta votación xustificando o seu voto pola “falta de concreción dos investimentos que acometerá o Concello neste anualidade, partidas xenéricas nas que non se especificaron as obras nas que se actuará nin as prioridades que ten o executivo local”.

Os socialistas instaron a que o goberno local “adopte as medidas necesarias para abrir a estrada municipal de acceso de  Vilademouros a Santalla, que leva máis dun mes cortada á circulación de vehículos por un desprendemento, o que conleva un trastorno para os veciños e usuarios deste vial que se se ven abocados a facer máis quilómetros e rodeos”.

Tamén solicitaron que se acondicione o aparcadoiro das estatuas dos mamuts do Incio, ubicadas á beira da estrada autonómica LU-641, e que a consecuencia das choivas provocaron que quedara intransitable para poder estacionar os vehículos dos visitantes que acoden a ver estas figuras.

Ademais, instaron ao executivo municipal para que puxera a disposición do recén creado Club de Lectura ‘Os Alfabetos’ de Trascastro os libros existentes na antiga sala de lectura municipal. “Resulta necesario que dende o Concello se facilite e colabore no impulso dun proxecto ilusionante de fomento da lectura que nace no rural”, defenderon.

Non se puido debater neste pleno a moción dos socialistas relativa á estensión do servizo de hospitalización a domicilio (HADO) ao Concello do Incio por tratarse dun  pleno extraordinario, logo de que o executivo local non convocara o pleno ordinario correspondente.