Skip to main content
Láncara

A Asociación de Mulleres Rurais da Pobra de San Xiao organiza actividades para mulleres

Por 21 Febreiro, 2023Febreiro 22nd, 2023Sin comentarios

A Asociación de Mulleres Rurais da Pobra de San Xiao organiza actividades como ximnasia de mantemento, pilates e manualidades para as mulleres de Láncara.

Hai xa máis de 20 mulleres que asisten dúas veces á semana a ximnasia e unha vez a pilates, os martes, mércores e venres.

Tamén teñen unha actividade de pintura á que van 10 mulleres os martes de 16.30 a 18.30 horas e, debido á grande acollida, están pensando en comezar unha nova actividade de cerámica.

Ademais, teñen prevista unha viaxe para coñecer Lugo unha fin de semana entre abril e maio.