
O CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela organiza unhas xornadas de portas abertas desde o 27 de febreiro ao 3 de marzo.
Nestas, os pais interesados en levar aos seus fillos e fillas a este colexio poderán ver as instalacións, coñecer aos profesores e saber como é o traballo nunha escola rural.
Para solicitar unha cita e ir ao cole, pódese chamar ao número 982 870 631.