Skip to main content
O Páramo

Todo polo Páramo intégrase no PP e o actual alcalde será o candidato do partido popular no Páramo

Por 16 Febreiro, 2023Sin comentarios

O actual alcalde do Páramo, José Luís López, será o alcaldable do PP no Páramo despois de integrar o seu partido independente Todo polo Páramo que se formou en 2019.

En relación aos actuais concelleiros do Partido Popular no Páramo, a dirección provincial do PP explicou que “Verónica Arias López, que é ademais a presidenta do PP local; María Isabel López Silvosa e Cristian Rodríguez Lourés amosáronse de acordo coa integración e manteñen ata o final do mandato as súas actas como concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular”.