Skip to main content
Samos

Samos aproba a moción proposta polo PP para revisar a numeración dos edificios na Avenida de Compostela

Por 4 Febreiro, 2023Sin comentarios

O goberno local de Samos aprobou no último pleno ordinario por unanimidade unha moción proposta polo PP de Samos para revisar, renovar e regularizar a numeración dos edificios da Avenida de Compostela.

Pola súa parte, o BNG propuxo tamén unha moción do BNG para defender intereses os produtores de alimentos en ecolóxico en Galicia, que recibiu o apoio unánime no Concello.

Así, o grupo nacionalista solicitou pedir á Xunta que aumente os presupostos ata chegar á cifra necesaria para cubrir as solicitudes presentadas e reclamou máis fondos para a produción ecolóxica no periodo 2023-2027.