Skip to main content
Samos

O Concello de Samos convoca unha praza de limpador para un contrato de seis meses

Por 13 Febreiro, 2023Febreiro 15th, 2023Sin comentarios

O Concello de Samos convoca unha praza de limpador (na categoría peón) mediante o sistema de oposición para ser que os interesados poidan ser contratados como persoal laboral temporal ao abeiro do Programa de Fomento do Emprego que se incardina dentro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022 da Deputación Provincial de Lugo.

O contrato laboral que se formalizará coas persoas seleccionadas será de duración determinada (6 meses) na modalidade de eventual polas circunstancias da producción e o obxecto dos contratos laborais temporais constituirá a realización de obras, servizos e actividades que respondan a necesidades urxentes e inaprazables que afecten a sectores, funcións ou categorías profesionais prioritarias indispensables para poder satisfacer as necesidades básicas da vida persoal ou social das persoas particulares, de acordo coas circunstancias de cada momento ou lugar, ou necesarias para o benestar da veciñanza e, tamén, as que permitan asegurar o funcionamento regular da propia entidade e dos seus órganos de goberno e de dar cumprimento as distintas normativas xerais ou sectoriais de aplicación.

A documentación poderá presentarse ata mañá, día 14 de febreiro, no Rexistro Xeral do Concello en horario de atención ao público (luns a venres de 9:00 a 14:30 horas) ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Cando se envíe a documentación polos medios do art. 16.4 da Lei 39/2015, e co fin de axilizar os trámites, deberase remitir dentro do prazo de presentación de solicitudes, a instancia co selo da presentación na oficina de correos/ou Rexistro Xeral de Entrada correspondente ao correo electrónico concello.samos@gmail.com.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a alcaldía ditará resolución no prazo máximo de tres días hábiles, declarando aprobada a lista provisoria de admitidos/as e excluídos/as. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos da casa do Concello e no da sede electrónica e abrirase un prazo de dous días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución para que os aspirantes excluídos poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.