Skip to main content
Samos

Unha explotación gandeira de Samos participa no plan estatal do Programa Cultiva

Por 14 Febreiro, 2023Marzo 15th, 2023Sin comentarios

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou destacou unha explotación gandeira en Samos que participa no plan estatal do Programa Cultiva.

Alí, destacou o compromiso do Goberno cos novos agricultores e gandeiros ofrecendo estancias formativas en explotacións modelo de toda España co Programa Cultiva, que conta cun orzamento de 1 millón de euros do Ministerio de Agricultura.

“Dende o Goberno mantemos unha clara aposta polo sector primario, fundamental para a nosa provincia, capaz de xerar emprego e impulsar a economía, ao tempo que axuda a fixar poboación nos nosos municipios”, subliñou Rodríguez.

 A subdelegada, acompañada do alcalde de Samos, Julio Gallego, explicou que este programa do Ministerio de Agricultura ten como obxectivo ofrecer, a persoas menores de 41 anos que iniciasen a súa actividade agraria nos últimos 5 anos, formación práctica de 5 a 14 días en explotacións modelo, “onde teñan a oportunidade de adquirir e consolidar coñecementos sobre aspectos técnicos e de xestión que logo aplicarán no desenvolvemento da súa propia actividade agraria”.

Así, Andrés Laso, que ten un cebadeiro de vacún en Palencia, leva unha semana coñecendo de primeira man o traballo que desenvolve Miguel Gallego, propietario dunha granxa extensiva de produción e reprodución de vacún de carne en Samos, que conta con 20 cabezas, principalmente da raza rubia galega, amparada pola Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega.

Este gandeiro lucense xa participou na edición anterior do programa visitando varias explotacións en Cantabria e Cataluña para ampliar coñecementos e ser testemuña de como traballan noutras zonas de España.