Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

Inaugúrase a exposición ‘As gaitas de fol na Península Ibérica e Baleares’ na antiga prisión preventiva de Sarria

Por 3 Febreiro, 2023Febreiro 5th, 2023Sin comentarios

A antiga prisión preventiva de Sarria acollerá esta tarde ás 19.30 horas a inauguración da exposición ‘As gaitas de fol na Península Ibérica e Baleares’, de Rosa Sánchez e Pablo Carpintero, que permanecerá aberta ata o vindeiro 17 de febreiro. O Acto incluirá tamén o concerto ‘Música e evolución’.

A actividade, co apoio do Concello de Sarria e da Deputación de Lugo, poderá visitarse de luns a venres en horario de 9.15 a 14.00 horas, aínda que se poden programar visitas noutros horarios consultando nos teléfonos 982 53 06 68 ou 982 53 50 00.

A exposición presenta unha parte da colección de Rosa Sánchez e Pablo Carpintero, dous músicos que levan máis de 30 anos investigando os instrumentos musicais tradicionais galegos e doutros lugares da Península Ibérica.

Nela pódense ver as 14 tipoloxías de gaitas de fol do noroeste peninsular (asturiana, Eo-naviega, leonesa, chairega, da Galicia central, gaita de catro voces, gaita de ronquillo e gaita de barquín, as gaitas de Entre Douro e Miño, as da rexión centro de Portugal e as de Extremadura, así como as tramontanas, sanabresas e alistanas).

A gaita de boto aragonesa e a xeremie maiorquina tamén teñen o seu espazo.