Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

A zona recreativa do Chanto acollerá a celebración do Día da Xuventude

Por 8 Febreiro, 2023Febreiro 10th, 2023Sin comentarios

A zona recreativa do Chanto acollerá o vindeiro sábado, 11 de febreiro, a celebración do Día da Xuventude organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia coa colaboración das concellerías de Xuventude e Cultura de Sarria e que incluirá preto dunha vintena de actividades e obradoiros de  educación non formal dirixidos á mocidade.

Desde as 16.00 ata as 21.00 horas, na carpa de máis de 400 metros cadrados que instalará a Dirección Xeral de Xuventude desenvolveranse xogos e  actividades relacionadas con oito áreas temáticas: gastronomía saudable (xogo  educativo “Nutrivial” e showcooking), lecer educativo (futbolín burbulla, futbolín  humano, tiro con arco e slack-line), punto de información sobre os programas de Xuventude, concienciación ambiental (o cambio climático, experimentos de  fenómenos relacionados co cambio climático, a biodiversidade e as 3Rs da reciclaxe),  igualdade de xénero (análise dos comportamentos de violencia ao azar e exposición  sobre as relacións tóxicas), obradoiro de graffiti, habilidades para a empregabilidade  (elaboración dun currículo creativo e preparación para as entrevistas de traballo) e  dinamización do entorno (música ambiente e actuación da Asociación Cultural Meigas e Trasgos, ás 20.30 horas).