Skip to main content
Sarria

Non saen adiante os orzamentos para o ano 2023 do Concello de Sarria

Por 8 Febreiro, 2023Febreiro 10th, 2023Sin comentarios

No pleno celebrado no día de onte no Concello de Sarria, PP, PSOE e Galicia Sempre votaron en contra da proposta de orzamentos do goberno local para este ano de 13,3 millóns de euros.

Camiña Sarria, partido do goberno, votou a favor destes presupostos e tamén o fixo o BNG, como xa avisara en días anteriores, para apoiar aos traballadores que están pendentes da Relación dos Postos de Traballo (RPT)  do concello.

Pola súa parte, PP, PSOE e Galicia Sempre votaron en contra porque ven estes orzamentos como “electoralistas”, xa que non solucionan os problemas dos sarriáns. Sobre todo, foron críticos co crédito de 345.000 euros para o servizo eléctrico.

Pola súa parte, o alcalde acusou, de novo, a estes partidos de “falta de responsabilidade” por votar en contra duns orzamentos que eran necesarios para a RPT e a residencia de maiores.