Skip to main content
Sarria

O Grupo Xacobeo de Sarria organiza unha ruta por Ribadeo e Asturias

Por 9 Febreiro, 2023Febreiro 10th, 2023Sin comentarios

O Grupo Xacobeo de Sarria organiza para o vindeiro 19 de febreiro unha senda costeira de Entroido pola Mariña Lucense e Asturias.

A saída será desde Sarria ás 7.00 horas da mañá ou desde Lugo ás 7.30 horas da mañá para poner rumbo cara a Tapia de Casariego.

Desde aí, percorrerase unha ruta costeira de 14 quilómetros e de dificultade Baixa-media para percorrer o litoral entre Tapia e a Ponte dos Santos, pasando por Figueras e chegando a Ribadeo.

Durante esta ruta, os asistentes poderán desfrutas de diversas praias, acantilados, cabos e da paisaxe típica asturiana.

Ao rematar a senda, os participantes comerán en Ribadeo para despois desfrutar da festa do Entroido co Domingo Lardeiro.

As persoas que queiran participar teñen ata o vindeiro 16 de febreiro para reservar praza a través do número 609 027 518 e terán que pagar 39 euros se son socios e 42 euros se non o son.