Skip to main content
Sarria

O Concello de Sarria convoca para o luns as comisións informativas con respecto do tema da residencia

Por 16 Febreiro, 2023Sin comentarios

As comisións informativas previas ao pleno do Concello de Sarria foron convocadas para o vindeiro luns, 20 de febreiro, ás 14.00 horas.

Na orde do día figuran os Informes de Intervención e Secretaría sobre a contratación dos servizos dun detective por parte do anterior responsable da xestión da Residencia de Maiores, Benjamín Escontrela, para investigar a traballadoras da residencia.

O informe de reparo de Intervención 2019-0082 deixa claro que se incumpriron as normas de contratación do detective por parte de Escontrela e que as facturas non se presentaron legalmente e que non se acredita a realización dos traballos contratados.

Os traballos non se presentaron por rexistro (nin da Residencia nin do Concello) e polo tanto non consta oficialmente que os traballos de investigación se realizaron, icumprindo os artigos 118 e 311 da Lei 9/2017 de Contratos Sector Público.

O alcalde de Sarria realizou tres requirimentos, dous electrónicos e outro en papel para que Escontrela dese explicacións da motivación destas contratacións e para que o avogado (Camilo Vázquez) achegase o resultado dos servizos contratados.

Delito documental

Nos contratos de servizos de investigación asinados entre Escontrela e o investigador privado, no punto 6 establecese que Escontrela é responsable da custodia dos ficheiros correspondentes. Polo tanto, Escontrela, din desde o Concello de Sarria, é o responsable da custodia destes traballos e certifica que eses informes se realizaron.

Escontrela “ademais de incumprir todas a normas en materia de contratos administrativos, facturación e protección de datos, non aporta os traballos contratados, pagados e requiridos pola Residencia de Maiores de Sarria, dificultando a tramitación administrativa e obrigando a esta a realizalo xudicialmente. Esta falsidade podería ser considerada como un delito de falsidade documental”, explican desde a secretaría do concello.

Finalmente, o secretario do goberno local propón ao pleno a remisión do expediente ao Xulgado de Instrución correspondente aos efectos oportunos e dar traslado do acordo do Pleno ás traballadoras investigadas como interesadas no procedemento.