
O Concello de Sarria mandou executar os traballos de asfaltado da contorna do CDSSarria, financiados con recursos propios.
Estas tarefas continúan na explanada do Chanto e seguirán posteriormente na rúa das Ameneirizas.
O concelleiro de Mobilidade e Ordenación do Tráfico, Félix Seijas, solicita comprensión á veciñanza ante as molestias puntuais que poidan ocasionar ditos traballos.