Skip to main content
Sarria

A primeira edición do Rally de Regularidad Vila de Sarria 2023 celebrarase o vindeiro 30 de abril

Por 19 Febreiro, 2023Marzo 13th, 2023Sin comentarios

Club Clásicos Sarria anuncia que a primeira edición do Rally de Regularidad Vila de Sarria 2023 vaise celebrar o vindeiro 30 de abril, que cae a domingo.

Nas súas redes sociais xa adiantaron varias novidades: haberá control localización GPS, contará con tramos de mañá e tarde, incluirá almorzo, café de media mañá e comida e haberá recordos para todos os participantes e entrega de trofeos.

Ademais, esa fin de semana terá lugar tamén a XXVI Feira de Antigüidades e Restauración de Sarria e a presentación da II Edición do Festival Sarria Blues no Camiño.