Skip to main content
Sarria

O campo de Ribela será mellorado grazas a unha iniciativa da SD Sarriana

Por 21 Febreiro, 2023Febreiro 22nd, 2023Sin comentarios

O equipo de fútbol de Sarria, a SD Sarriana, presentou un proxecto para rehabilitar o estadio municipal da Ribela.

Esta iniciativa conta co apoio da Federación Galega de Fútbol, que asumiu o custo do proxecto, redactado polo arquitecto José Ángel López, do estudo Lineanorte, e o presuposto que se contempla para levar a cabo esta iniciativa é de 750.000 euros.

A remodelación da Ribela contará coas melloras en canto á substitución de herba artificial por céspede natural no campo principal, a ampliación das gradas, converter o pequeno campo lindeiro en sintético e habilitar unha grada de dobre cara para que o público vexa os partidos que se disputen nos dous terreos, ofrecendo 980 novas prazas.

Ademais, este proxecto inclúe a limpeza e acondicionamento da fachada, un acceso para persoas con mobilidade reducida, cambio de luminarias, creación dun bar e novos baños públicos.

A Sarriana está mantendo contactos coas distintas administracións e está baraxando a posibilidade de firmar un convenio de colaboración entre o Concello de Sarria, a Deputación de Lugo e o PP de Sarria.