Skip to main content
Sarria

O Gran Camiño rematará a súa primeira etapa en Sarria, onde haberá cortes de tráfico

Por 22 Febreiro, 2023Febreiro 23rd, 2023Sin comentarios

O xoves, 23 de febreiro, comezará o evento O Gran Camiño en Lugo na súa primeira etapa, que rematará en Sarria. Así, percorrerá 188 quilómetros desde a Muralla de Lugo ata o centro de Sarria.

Por isto, o concelleiro de Deportes, Mobilidade e Ordenación do Tráfico, Félix Seijas, informa de que o operativo de tráfico previsto, que prevé o corte de rúas e limitacións de aparcamento desde a xornada de mañá.

Concretamente, desde hoxe pecharase ao tráfico a Rúa da Liberdade desde o cruce da Ciguñeira ata a glorieta de Samos e prohibirase o estacionamento neste treito. Ademais, tamén se impedirá aparcar en todo o recinto do Campo do Río.

Xa na xornada do xoves, desde as 6.00 horas ata o remate da proba procederase a cortar a Avenida de Becerrá, a Rúa Diego Pazos e, na Rúa da Liberdade, tamén o primeiro tramo desde o Bulevar ata a interseción da Rúa Poulas. Desde ás 13.00 ata as 14.30 horas restrinxirase a circulación na rúa Benigno Quiroga.

Por razóns de seguridade do tráfico e da propia proba ciclista, o xoves tamén se cortarán as vías que dan acceso ás anteriormente sinaladas.

Félix Seijas solicita á veciñanza “comprensión ante os trastornos que a carreira ciclista ocasionará na mobilidade no centro da vila”, pero salienta que “é unha gran oportunidade para a proxección nacional e internacional de Sarria, xa que a etapa será transmitida pola canle Eurosport, ademais da Televisión de Galicia” e convida a toda a veciñanza que poida acudir presencialmente “a gozar dun espectáculo deportivo que citará en Sarria a varios dos mellores ciclistas do mundo”.