Skip to main content
Sarria

A ACES entregou os premios aos gañadores da campaña de San Valentín

Por 23 Febreiro, 2023Febreiro 24th, 2023Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria entregou os premios aos gañadores da campaña de San Valentín ‘O teu corazón pide Sarria’ nas oficinas de ACES.

Os agraciados foron: Roberto Vázquez por unha compra en Moncho Moda, José Luis López Rivera por unha compra en Veiga Calzados, Pamela López Fernández que fixo a súa compra en Joyería Salgado e por último, Antía López López por unha compra na Xoyería Díaz.

O presidente, Ricardo Arias, foi o encargado de entregarlle aos premiados catro ceas para dúas persoas nos establecementos hostaleiros Hotel Alfonso IX, Restaurante O´Descanso, Restaurante Roma e El Parisien.