Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

A Asociación Peleriños organiza os Cantos de Taberna de Sarria

Por 25 Febreiro, 2023Febreiro 27th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 25 de marzo a Asociación Peleriños organiza a VII edición da Estremonía cantada – Cantos de Taberna de Sarria.

Nesta edición, como nas anteriores, haberá dúas rutas de 8 tabernas e 16 grupos, que en total suman 200 músicos, que irán rotando pola súa ruta, polo que haberá música constantemente na tarde e noite de sábado.

Os grupos interesados en apuntarse nas últimas prazas que aínda quedan vacantes poden facelo a través do correo acpelerinos@gmail.com.

Esta xornada rematará cunha cea aberta na Sociedade La Unión, onde a xente poderá reservar para cear cos músicos comunicándoo tamén a través do correo electrónico.

Posteriormente, haberá unha festa de peche dos cantos aberta a todo o mundo que consistirá en tomar algo e desfrutar dunha peza de cada grupo e a actuación de Cé Orquesta Pantasma.