Skip to main content
Sarria

Inaugúrase en Sarria unha exposición fotográfica de Entroido

Por 24 Febreiro, 2023Febreiro 25th, 2023Sin comentarios

O Concello de Sarria vén de anunciar que esta tarde ás 18.00 horas terá lugar a inauguración da exposición fotográfica ‘Viaxe polo mundo da máscara’, de Mercedes Vázquez Saavedra.

A Antiga Prisión Preventiva será o lugar onde os interesados poderán visitar esta mostra ata o vindeiro 24 de marzo de luns a venres, en horario de 9.15 a 14.00 horas.

Pódense programar visitas noutros horarios chamando previamente aos teléfonos 982 530 068 ou 982 535 000.