Skip to main content
Sarria

O alcalde de Sarria reafírmase en que el non coñecía os contratos do detective

Por 27 Febreiro, 2023Sin comentarios

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, continúa afirmando que el foi coñecedor dos contratos do detective privado para investigar traballadoras da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme hai catro meses, cando pediu explicacións ao responsable da xestión da residencia, Benjamín Escontrela.

Di que “como alcalde, estou afeito a traballar en equipo e delegar responsabilidades nas persoas que me rodean para que traballen con total autonomía e así o fixen con Escontrela, con quen é obvio que me equivoque e asumo ese erro”.

Tamén volve a asegurar que “en ningún momento me consultou ou informou da contratación do detective e cando o souben, pedín explicacións”. Explica esta circunstancia porque foi acusado por parte da oposición de sabelo e non dicilo, ao que Garrido contesta que “tamén eles terían que ser coñecedores da contratación, xa que fiscalizan todas as facturas”.

Por outra banda, Claudio Garrido explica que a el non lle importa que Benjamín Escontrela forme parte da lista da candidatura do PSOE á eleccións ou se se volve presentar só por Galicia Sempre porque “os veciños de Sarria son máis intelixentes do que pensa Escontrela e dubido que confíen en alguén que actuou como el fixo”.

Por último, o alcalde de Sarria referiuse a “outra cuestión máis grave” que é a difusión en redes sociais de conversacións privadas de whatsapp con fotos de usuarios da residencia por parte “dalgunha amizade perigosa de Escontrela”, di Garrido, quen expón que están estudiando accións para responsabilizar a alguén deste “feito gravísimo”.