Skip to main content
AbadínAxenda Caducada

Abadín contará con unha nova edición de Expogrelo 18 de febreiro

Por 3 Febreiro, 2023Febreiro 4th, 2023Sin comentarios

O día 18 de febreiro o concello de Abadín acollerá a XVII edición de Expogrelo, a coñecida feira de exaltación do grelo, que terá lugar no Recinto Ferial de Gontán, como é costume. As edicións celebradas ata agora serviron para comprobar que a tradicional fama deste cultivo atopa boa saída nos compradores. A feira mostrará de novo a calidade e sabor do grelo que se produce nesta zona da Terra Chá e que conta con merecida fama.

Algo máis de 15 productores sumaranse este ano á feira, na que se repartirán tres premios de 50, 30 e 20 euros para as cestas mellor decoradas. Ademais, todos os asistentes recibirán do Concello un “cariño” de 50 euros, como asegura o alcalde, José María López Rancaño.

O programa os actos seguirá a mesma liña que en edicións anteriores, ás 09.30 horas coa designación dos stands e a numeración das cestas. Ás 10.00 horas levarase a cabo a apertura da feira, ás 12.00 horas dará inicio a animación musical e ás 12.30 horas os presentes poderán degustar este delicioso alimento da cociña galega na carpa que o concello poráno recinto ferial e que este ano ofrecerá cocido.

Ás 13:00 horas terá lugar a recepción de autoridades. Os actos finalizarán ás 14.00 horas co fallo do xurado e a entrega de premios.

O Concello de Abadín decidiu apostar no ano 2006 por celebrar unha feira anual dedicada a este produto e ademais apoiar aos productores que hai no municipio.

A IXP Indicación Xeográfica Protexida de Grelos de Galicia naceu en outubro de 2009 para axudar a produción como a comercialización e a distribución deste alimento tan característico de Galicia.

É por iso que o día antes da celebración de Expogrelo os productores censados no concello de Abadín e baixo a IXP recollen, seleccionan, pesan, empaquetan e etiquetan manualmente cada unha das madas que ao día seguinte poñen á venda na feira, asegurando deste xeito a máxima frescura e calidade.

Aínda que haberá feira, o alcalde, José María López Rancaño, avanzou que este ano a feira cae moi cedo e debido ás xeadas e ao exceso de choivas non hai aínda moitos grelos. Haberá feira, pero tardará en poñerse de novo en marcha a web creada hai dous anos para a venda deste produto de tempada. Esperarán, explicou o alcalde, a que a produción sexa maior.

Por outra banda, asegurou que haberá grelos nesta edición da feira.