Skip to main content
Abadín

O centro de día de Abadín celebrou o seu 14 aniversario cun acto de lembranza

Por 4 Febreiro, 2023Sin comentarios

O pasado venres 3 de febreiro, o centro de día de Abadín celebrou o 14 aniversario, unha data na que as profesionais do centro realizan un festival de artistas en homenaxe ás persoas usuarias que acuden ao mesmo. É unha actividade moi valorada que non se facía dende antes do covid-19 e que novamente tivo unha forte acollida.

As personaxes escollidas este ano para interpretar en playback foron: Tanxugueiras, Camela, Pedrito Fernández, Azúcar moreno, George Dan, María Jiménez, Rosario Flores, Rigoberta Bandini, Rafael e grupo Beatriz.

É un día que ten como obxectivo lembrar a todas as 198 persoas usuarias que pasaron polo centro así como a todas as traballadoras e traballadores que amosaron a súa motivación e compañeirismo. Polo tanto, ademais da música está moi presente a emoción por tantos momentos compartidos como unha gran familia.

Remataron a tarde facendo entrega dunha orla con fotos individuais de todos e un poema que dedicaron a toda a Rede de Política Social.